Celebrouse unha reunión para explicar a situación da Escola Infantil á que tamén estaba convidada a alcaldesa do Porriño -por rexistro e dende o pasado xoves- e á que non compareceu
Esta tarde ás 17.00 h na gardería de Torneiros da Galiña Azul, reuníronse pais e nais, así coma a propia ANPA e unha representación do Consorcio de Consorcio Galego de Servizos Sociais de Igualdade e Benestar.
As titulares da asociación Marta Rios e Laura Freiría, que agardaron 10 minutos de cortesía para o comezo, explicaron aos presentes o estado e situación no que se atopan instalacións e usuarios que iniciaron a mediados de marzo, cando se reuniron con Lourdes Moure, concelleira de Educación do Concello do Porriño, e na que falaron das necesidades e estado da Escola Infantil.
Un día despois, a ANPA solicita por escrito o compromiso da Xerencia do Consorcio de Educación. Estes respostan o 4 de abril, comprometéndose e solicitando que o Concello lles adxunte “unha memoria valorada das actuacións que se pretenden levar a cabo, para que a nosa Unidade Técnica comprobe a idoneidade técnica e económica das mesmas, así como o cumprimento da normativa correspondente.
Unha vez que nos remitan esa memoria e a unidade técnica informe favorablemente da mesma, por parte desta Xerencia se prestará conformidade para que o Concello as leve a cabo, comprometénose o Consorcio, a financialas íntegramente mediante a compensación nas liquidacións que ten que pagar anualmente o Concello do Porriño.
A día de hoxe non tivemos ningunha solicitude do Concello nese sentido, pero en caso de recibila a tramitaríamos coa máxima axilidade”.
Según engade a ANPA da Galiña Azul de Torneiros , este correo foille reenviado a Lourdes Moure, e ao non obter resposta, novamente reenviado o 20 de maio solicitando a confección da Memoria de Actuacións, e volta a enviar o 16 de xuño, o 3 de xullo e o 17 de xullo -máis varias visitas ao Concello para falar en persoa, sen éxito-.
Sen resposta ata o 18 de xullo, no que o Concello adxuntalle á ANPA o documento enviado á Xunta cun orzamento de 25.272,06 €, e no que non se recollen todas as necesidades da escola infantil. Pasados once días, solicítan ao Consorcio información sobre o inicio das obras, remitíndoos novamente ao Concello.
Finalmente é o 20 de agosto, cando dan comezo os traballos de reparación, anunciando o seu remate o Concello o 2 de setembro; aínda que para sorpresa dos pais e nais que se atopan con 6 portas sen colocar, teitos desconchados e sen pintar, sen cubreradiadores, inodoros sen tapa e altos, o cuarto de bebés sen cristal de vixiancia na porta… Deste xeito Inspección non deu aprobado para o inicio do curso do centro, co conseguinte trastorno para aqueles pais que solicitaron unha semana de vacacións nos seus traballos, para o período de adaptación dos seus fill@s ao inicio do curso.
O pasado xoves 12 de setembro, o Centro e ANPA celebran un Consello Escolar ao que se convida a Lourdes Moure, pero cando esta observa que tamén acude a adxunta da xerencia do Consorcio de Consorcio Galego de Servizos Sociais de Igualdade e Benestar -Carmen García Campelo-, decide abandoar molesta a reunión indicando que foi “una encerrona” ante as cinco persoas presentes, para posteriormente dar a coñecer a través dun comunicado de prensa que “o Concello vai rematar o sábado coas obras de reforma, incluidas as ampliacións exisidas polo Consorcio, e a partir do vindeiro luns 16, despois da limpeza xeral da gardería, a Xunta deberá decidir cando abre a Galiña Azul de Torneiros”. “A partir de agora será a Administración Autonómica que é a titular da gardería, a que deberá de contratar e executar calquera outra obra ou mellora nesa instalación”.
No mesmo día (xoves 12) a ANPA rexistra unha invitación no Concello dirixida á alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, para acudir á reunión de hoxe con nais e pais e explicar a situación; pero non compareceu ninguén. A realidade é que no lugar das portas novas que se contemplaban na memoria están a vellas, os teitos seguen sen pintar ou os cubreradiadores “improvisados” non respetan as normas de seguridade.