Música, xogos ou maxia danse cita dende hoxe e ata mañá no territorio cultural mosense
As instalacións do CSCD AS PEDRIÑAS acollerán esta fin de semana o IV Miúdo Fest, Festival para persoas de mediana estatura.
Durante o sábado 14, a partir das 17.00 h, as persoas asistentes poderán desfrutar das actuacións musicais dos grupos “A Banda dos Insectos”, “Elephants Yard” e “A Gramola Gominola” facendo de mestre de cerimonias, o ukeleleautor Antón Ke.
Ademais poderán estampar as súas propias camisetas do Festival no obradoiro de serigrafía, que impartirá a artesana Ana Mirou. Cada asistente deberá traer a súa própia camiseta.
O domingo 15 continúan as actividades a partir das 16.00 h coa Brincadeira Miudiña, con xogos tradicionais e a música de Cé Orquesta Pantasma.
O festival rematará coa actuación do Mago Marco.
As entradas pódense retirar na cantina do CSCD As Pedriñas, a un prezo de 8 €. Este festival conta co apoio da Deputación de Pontevedra e da Comunidade de Montes de Tameiga.