Redacción 13/09/2019

A Administración Local xa comezou a notificar a propietarios de fincas para desbrozar

 

O Concello do Porriño xa comezou a notificar ós propietarios de fincas para que acometan o desbroce e limpeza en cumprimento da Lei de Prevención de Lumes Forestais de Galicia, que establece a obriga de deixar franxas de seguridade. 

As notificacións que se veñen realizado son de oficio ou ben por instancia de parte. Diariamente recíbense no Concello do Porriño 5 queixas de veciños que suliñan a existencia de fincas sen desbrozar, informa o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal.

Segundo as estimacións do edil, actualmente pode haber maís de 200 fincas de particulares sen limpar que incumprindo o determinado pola Lei, en materia de franxas de seguridade.

A notificación advirte da posibilidade de execución subsidiaria no caso de incumprimento  e da apertura dun proceso sancionador. Se no prazo de 15 días naturais os propietarios non limpan, a Administración pode asumir as labouras e repercutirlle os gastos ó propietario do terreo. As multas que se poden impoñer van dende os 100 ata os 100.000 € nos casos de extrema gravidade.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad