
Dende o Goberno Local lamentan a cantidade de atrancos postos pola Xunta nas obras da “Galiña Azul” de Torneiros
O Goberno Municipal traslada hoxe nunha reunión ás ANPAS das garderías a súa versión do acontecido coas obras de reforma da “Galiña Azul” de Torneiros.
O Concello, como xa se informou, tiña rematadas as obras o pasado día 2 de setembro, ó cabo de dúas semanas, cando foran visitadas por unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa.
Sen embargo, a Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de ServizosSociais de Igualdade e Benestar non cesou de poñer reparos e engadir peticións para modificar diversos aspectos das obras, que estaban baseadas no proxecto remitido polo Concello do Porriño con data 17 de xullo; e aceptado polo devandito Consorcio, con data 14 de agosto.
Entre estas peticións e obxecións figuran pedir unha fiestra máis das planificadas; cubre-radiadores especiais ou que a altura dos inodoros tiña que ser de 6 cm; 4 portas especiais, que a fábrica correspondente non poderá servir ata dentro de 2 meses e que non estaban no proxecto e orzamento ó que deron o OK.
A pesar dese “inusitado” nivel de exisencia para cunhas obras que correspondería realizar á Xunta de Galicia pero que fai o Concello do Porriño -con cargo á partida de cofinanciación-, a Administración Municipal comprométese a rematar o vindeiro luns día 16, data na que unha empresa especializada fará a limpeza xeral da gardería, para que o Consorcio tome a decisión de abrir para o curso 2019/2020.
O Goberno Municipal do Porriño manifesta por último o seu “desagrado pola cantidade de atrancos postos pola Xunta de Galicia e boto en falta que as administración públicas non vaiamos da mán, para resolver problemas que atinxen a un material tan sensible como a infancia”.