Redacción 10/09/2019

O clube porriñés presentou hoxe  a todos os seus equipos estre os que se contan máis de 250 federados

 

 

Todos os equipos do Balonmán Porriño encabezados pola plantilla que xoga Liga Guerreras Iberdrola na máxima categoría feminina, participaron hoxe no acto de presentación no Concello que tivo lugar na praza do Arquitecto Antonio Palacios.

O acto contou  coa asistencia da alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre; o concelleiro de Deportes, David Alonso; a tenente de alcalde, Lourdes Moure; e o concelleiro popular e tamén presidente do Balonmán Porriño, Abel Estévez.

O club exhibiu músculo coa presentación de todos os seus equipos en categorías base e élite que contan con máis de 250 federados.

Abel Estévez agradeceu ós patrocinadores e as familias dos xogadores e xogadoras “o seu apoio e implicación” e “de xeito moi especial hoxe toca agradecer ó noso principal soporte que é o Concello do Porriño “. “Eva, David e Lourdes, moitas grazas pola vosa colaboración co deporte porriñés e particularmente co balonmán” dixo Estévez, que engadiu que “dende que son presidente sempre tiven e sentín moito apoio do Concello e agardo que siga sendo así por moitísimos anos máis”; pediu que “sigades puxando porque somos un referente deportivo en toda España, posto que somos o único club que ten dous equipos na primeira e na segunda división feminina, máis  sen vosa axuda, non sería posible” rematou Abel Estévez.

Por su parte Eva García lembrou “o que disfrutéi o pasado sábado” no primeiro partido de Liga Guerreras que Balonmán Porriño gañou. A alcaldesa destacou que “é maravilloso ver como xogades” e subliñou que “xa levades  9 anos na máxima categoría do balonmán feminino e penso que haberá pouquísimos equipos en España que poidan presumir desa xesta”.

“Coido que nunca seremos quen de agradecervos dabondo que puxérades o nome de Porriño tan alto no deporte de élite, moítisimas, moítisimas grazas”, dixou a alcaldesa.

Eva García reivindicou que o alcume de “Concello do Deporte” “non foi improvisado senón que é producto do esforzo de moitos anos e outros alcaldes e concelleiros que tamén fixeronunha aposta decidida por apoiar o deporte base e ós nosos clubs como agora estamos a facer dende o goberno municipal que presido e que así seguiremos facendo nestes catro anos”, rematou.

Este acto estivo preludiado por una unha xornada matinal de balonmán na rúa. Ambas estaban incluídas na programación do Concello con motivo das Festas do Cristo.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad