Redacción 05/09/2019

Inicialmente serán 40 empregados na planta porriñesa que se incrementarán en campañas puntuais

 

 

A alcaldesa de O Porriño, Eva García e o concelleiro de Emprego, David Alonso, mantiveron hoxe unha reunión de traballo con Eva Pérez, representante de “Amazon Logistics” e representantes de “Manpower”, firma que se encargará da selección de persoal que se iniciará en breve con motivo da inminente apertura do centro loxístico da multinacional en Porriño.

A previsión é que “Amazon” arrincará con 40 empregados na central loxística pero esa plantilla incrementaráse nas datas punta como “Black Friday”, campaña de Nadal e rebaixas de inverno.

“Explicáronnos como van facer a selección de persoal que de inmediato publicitarán a través dos medios indicando un enlace onde os interesados e interesadas deberán dirixirse para remitir o seu currículum. Aseguráronnos que será un proceso moi transparente baseado na valoración das capacidades e méritos de cada aspirante”, indicou Eva García.

O Concello de Porriño prestará as instalacións de “Porremprego” no Multiusos de Torneiros para a realización das entrevistas de traballo ós aspirantes cando “Manpower” arrinque o proceso de selección.

“Coido que isto vai ser o principio dunha colaboración moi exitosa entre ‘Amazon’ e Porriño de tal xeito que un proxecto ainda máis grande do que vai comenzar sería factible e con moita xente de Porriño e alrededores cualificada e con ganas de traballar”, indicou a alcaldesa.

Na reunión trataronse tamén aspectos referidos a marcha das obras de reforma das instalacións que, “Amazon”, mercou e reformou. Trátase da antiga nave da firma “Arcelor”, no polígono industrial de Prado-Budiño. Estase a reformar unha nave preexistente de 1927 m2 construídos dentro dunha superficie total de 4.661 m2 que ten o solar.

A previsión é que “Amazon” poida abrir esta nova central loxística para o noroeste a finais de setembro ou principios de outubro.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad