Redacción 02/09/2019

As obras realizáronse en 15 días e foron costeadas polo Concello con cargo á partida de cofinanciación coa Xunta de Galicia

 

 

As obras de reforma de espazos e mellora da gardería de Torneiros, vencellada a rede “Galiña Azul” da Xunta de Galicia, están prácticamente rematadas como hoxe comprobou unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure.

En presenza das responsables e persoal da gardería así como de algunas nais que estaban a colaborar en tarefas de limpeza, a comitiva municipal comprobou o resultado das obras. Na zona dos nenos de 0 e 1 anos e de 1 e 2 habilitáronse novos espazos de baños, lavabos e cambiadores así como novo mobiliario. Asimesmo se habilitou outra nova dependencia, unha “aula de soño” e renováronse as instalacións eléctricas e de fontanería.

Por outra banda tamén se pintaron aulas e espazos comúns, instalaron detectores de fume e outras medidas de seguridade recomendadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Esta administración, dependente da Xunta de Galicia, otorgou luz verde ó proxecto o pasado 14 de agosto, razón pola que as obras comezaron o festivo 15 e os traballos tiveron que realizarse en dúas semanas.

O Concello de O Porriño enviará a persoal para que faga a limpeza xeral das instalacións, a fin que se poida abrir a Galiña Azul de Torneiros para o vindeiro xoves día 5 de setembro. 

O custe final das obras é de 48.054 €, aboadas polo Concello de O Porriño con cargo á partida de cofinanciación coa Xunta de Galicia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad