Trátase á súa vez de cursos nos que expertos comentarán algunhas das principais denominacións de orixe dos caldos galegos
O Concello de Salvaterra ultima os preparativos da Festa do Viño do Condado do Tea, que este ano chega ao seu 60 aniversario e, un ano máis, dentro da programación da propia festa, ábrese o prazo de inscrición para participar nas catas comentadas.
Darán comezo o luns 19, cunha cata comentada de Viños Brancos da D.O. Rías Baixas.
O martes 20, terá lugar a cata comentada de Viños Brancos das D.O. Galegas.
O mércores 21, rematarán coa cata comentada de Viños Brancos e Tintos da Subzona do Condado do Tea – DO Rías Baixas.
Para participar é preciso inscribirse, xa que as prazas son limitadas, a través do 986 658 126 ou en animacion@concellodesalvaterra.com