O director de “Nueva Pescanova” demandou melloras de mantenemento, limpeza e accesos ao polígono de As Gándaras
A alcaldesa Eva García comezou cunha reunión nas instalacións de “Nueva Pescanova” no polígono de As Gándaras, unha rolda de visitas ás principais empresas radicadas en Porriño que vai desenrolar ó longo deste mandato.
No encontro co director da fábrica, Santiago Gómara, tamén participaron o concelleiro de Limpeza, Parques e Xardíns, Sergio Casal; o xefe do gabinete da Alcaldía, Enrique Vaqueiro; e o xerente do polígono industrial de As Gándaras, David Sobral.
Santiago Gómara trasladou á alcaldesa unha serie de peticións vencelladas co mantenemento do polígono, a limpeza, o estado dos viais como espazos de aparcamento, así como outras demandas máis complexas.
Entre as demandas compréndese a posibilidade de ampliación da estrada de acceso ó polígono de As Gándaras, concretamente da curva seguinte á rotonda próxima a ITV, onde os camións pasan moi xustos, inmediatamente antes da longa recta do polígono.
“Pescanova” é unha das empresas máis veteranas do polígono industrial de As Gándaras, establecida dende hai 34 anos. Na actualidade, na factoría porriñesa traballan 185 persoas.