Esta modalidade de competición se desenrólase sobre terreno mixto e sin previo coñecemento do circuíto ata horas antes
O Concello de Porriño e a Federación Galega de Automobilismo trataron hoxe dos detalles da organización do “I Rally Mix Concello de Porriño” que terá lugar durante o fin de semana do 28 e 29 de setembro, é dicir durante o chamado “Recristo” e nas datas da Festa dos Callos. Tratase por tanto dun novo aliciente para a Semana Grande das festas patronais de Porriño.
A organización do evento correrá a cargo da “Escudería Surco” de Salvaterra do Miño coa colaboración da Federación e co patrocinio do Concello. A proba terá dúas mangas: unha na tarde do sábado 28 e a segunda, na mañán do domingo 29 de setembro.
Os detalles abordaron este mediodía nunha reunión de traballo celebrada no Concello de Porriño que presidiu a alcaldesa accidental, Lourdes Moure, xunto co Xefe da Policía Local, Daniel RodríguezM; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o responsable de marketing da mesma federación, Benigno Vázquez Colino; e representantes da Escudería Surco.
O traxecto das dúas mangas será ó longo do termo municipal. Tendo en conta que un Rally Mix é unha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto e que o percorrido da proba non se desvela ata horas antes para imposibilitar os adestramentos, haberá unha certa dose de misterio. Ademáis poden participar dende Kart Cross ata carrozados de todo tipo.