Redacción 03/08/2019

A conselleira de Política Social financiará as mesmas na futura residencia do Rebullón

 

 

A conselleira de Política Social, Fabiola García, trasladoulle á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que a Xunta financiará prazas públicas na residencia de maiores que este Concello planea crear no antigo hospital psiquiátrico do Rebullón.

Así o acordaron a conselleira e a alcaldesa na reunión que mantiveron nas dependencias da Xunta de Galicia. A esta xuntanza asistiron tamén o director xeral de Maiores e Persoas con discapacidade, Ildefonso de la Campa, e a concelleira de Benestar Social de Mos, Sara Cebreiro.

Nidia Arévalo trasladoulle a Fabiola García que solicitará a cesión do antigo hospital psiquiátrico ao Servizo Galego de Saúde, que é o titular do inmoble.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad