Redacción 31/07/2019

Celebrouse esta mañá no salón de sesións da Casa Consistorial en presenza da Corporación Municipal

Os tres cativos foron agasallados con detalles xentileza dos libreiros mosenses Librería Raquel, Arte y Ciencia e Copi Rey

 

 

Hoxe celebrouse no Concello a tradicional recepción municipal aos neno@s saharauis que pasan a tempada estival no municipio de Mos grazas ao programa Vacacións en Paz promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Durante a mesma, ademais dos tres cativos (dúas nenas e un neno) saharauis e as súas familias mosenses de acollida, estiveron presentes a Delegada das comarcas do Baixo Miño e A Louriña da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Conchi Fernández González, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, e demais membros da Corporación Municipal.

No acto de recepción, celebrado no Salón de Sesións do Concello de Mos, os nenos e nenas saharauis do programa Vacacións en Paz recibiron agasallos dos libreiros mosenses Librería Raquel, Arte y Ciencia e Copi Rey.

Este ano tres familias veciñasdo Concello de Mosacolleron a estes cativos no seu seo para que pasasen os meses de verán xunto con elas. Estes 3 nenos chegaron ás súas residencias estivais mosenses a principios do mes de xullo, e regresarán ó Sáhara xunto ás súas familias a principios de setembro.

Os cativos saharauis poden participar ao longo de todo o verán en iniciativas organizadas pola administración local como o campamento infantil Estival Mañás de Verán, así como coñecer a piscina ao aire libre de San Eleuterio, acudir a festividades municipais…, etc.

Un dos principais obxectivos do programa Vacacións en Paz é a asistencia médica dos nenos e nenas saharauis que veñen en acollida durante o verán.

Existe un convenio co Sergas polo cal os cativos saharauis recén chegados poden beneficiarse de todo tipo de revisións médicas e se llespoñen as vacinas necesarias e correspondentes ás súas respectivas idades. Facilitar a atención sanitaria a estes nenos e nenas que non poden acceder á mesma no seu país de orixe é, sen dúbida, unha das finalidades máis importantes desta iniciativa solidaria.

Sobre este programa a edil mosense, Sara Cebreiro, declarou esta mañá que “é unha verdadeira sorte poder contar no municipio de Mos con familias que deciden involucrarse nunha causa solidaria coma esta, que trae sorrisos a nenos e nenas que verdadeiramente o necesitan”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad