Redacción 31/07/2019

A decisión tomada polo partido de esquerda en canto a non entrar a gobernar co PSOE e BNG non foron consensuadas na súa totalidade

Os que dimiten creen que EU Son desperdicia unha boa oportunidade de traballar en primeira persoa para o pobo e as súas necesidades

 

 

Seis das persoas que formaban parte (5 nas listas das pasadas Eleccións Municipais) de EU Son de O Porriño, presentaron a súa dimisión do partido.

Xa na confeción das listas non houbo precisamente moito consenso, pero os seis integrantes que se baixan deste barco indicaron no seu escrito de dimisión: “Non podemos compartir a decisión maioritaria adoptada polo consello de non involucrarse nun proceso de negociación e diálogo, de cara a tentar buscar un espazo dentro do Goberno constituínte, que permitise por en práctica os valores promulgados por este grupo, executar aquelas medidas sociais máis representativas do noso programa, e realizar un control continuo das actividades do novo Goberno, en aras de corrixir comportamentos do pasado co que todos e todas estamos en desacordo”.

Nesta liña, os renunciantes indican que “o activismo, a movilización, ou a presenza nos movementos de reivindicación social nas rúas, tamén forman parte da actividade política; agora ben, cando unha agrupación se agocha de forma perenne detrás da faixa, rexeitando ser parte daqueles entes que poden dar resposta as demandas sociais da cidadanía, avoga por un pancartismo covarde e nada frutífero para os intereses sociais”.

Así, cunha total disconformidade pola perda desta oportunidade de gobernar en coalición con PSOE e BNG, indícanlle a Ocampo que “nos últimos tempos producíronse incorporacións ao grupo que, co seu comportamento, quebrantaron de xeito literal eses valores que tanto significaron a EU Son, conductas que produciron exasperación e provocaron confrontacións tanto internas como externas, e que a maiores dos danos internos producidos, están a mudar a visión da veciñanza sobre a natureza deste partido”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad