Redacción 29/07/2019

O aumento da poboación no municipio con máis de 250 nen@s de ata 3 anos motivan a súa necesidade

 

 

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, ven de reunirse co Xerente do Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, para presentarlle o proxecto de máis de 200.000,00 € para a  ampliación da Escola Infantil de Salvaterra.

Trátase dun proxecto que plantexa unha ampliación de dúas unidades, creando así ata 35 prazas máis. Dúas aulas adaptadas a diferentes tramos de idade, dependendo da demanda, pasando de 63 a  máis de 90 prazas para un Concello en pleno crecemento, que a día de hoxe ten unha poboación infantil de 0 a 3 anos de máis de 250 nen@s.

Temos que recordar que Salvaterra de Miño é un dos poucos Concellos que a día de hoxe, co problema de envellecemento e despoboamento no rural, consegue non só manter poboación senón crecer. Un claro exemplo é o nacemento nos últimos tres anos de máis de 250 nen@s e o numeroso número de xente nova que cada ano decide vir vivir ao noso municipio, en gran medida debido a calidade de vida que se encontran aquí en Salvaterra de Miño.

“Amplas zonas verdes, o Parque Público A Canuda, máis de 40 km de sendas polos nosos ríos, zonas deportivas,  wiffi gratuíta, campamentos de conciliación, unha ampla oferta cultural….  en liñas xerais, unha calidade de vida que non encontran noutro lugar, son os reclamos que ofrece este Concello para fixar poboación e crecer, realmente esta é a obra máis importante que pode realizar un Concello” sinala a alcaldesa.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad