Redacción 26/07/2019

Do 27 de xullo ao 5 de agosto en 8 concellos do Alto Miño luso e 2 de Galicia coa participación de grupos do Benim, Bolivia, Chile, Croacia, Filipinas, Xapón, México, Portugal, Rusia e Serbia cun elenco de 500 persoas

 

 

Coa organización do Grupo Folclórico da Casa do Pobo de Barbeita, o34º Folk Monção”O Mundo a Bailar” promete volver a encantar miles de persoas nos espectáculos a realizar no alto Miño -Monção, Barbeita, Melgaço, Valença, Vila Nova de Cerveira, Paredes de Coura, Ponte de Lima, Arcos de Valdevez e Ponte da Barca- e en Galizcia -Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa-.

Na presente edición marcan presenza neste festival, un dos máis recoñecidos a nivel nacional con certificación CIOFF desde 2006, grupos oriundos dos catro continentes: Benim, Bolivia, Chile, Croacia, Filipinas, Xapón, México, Portugal, Rusia e Serbia.

Entre 27 de xullo e 4 de agosto, con excepción do día 3 de agosto, quen se desprazar ao Parque das Caldas pode deliciar-se, na área destinada á restauración, con arroz ao vapor con legumes e polo (Xapón), chilli con carne (México), amiwo de polo (Benim), bolo de quinoa (Bolivia), pancitbihon (Filipinas), carne “al xugo” (Chile), moussaka (Serbia), blinis/panquecas (Rusia), e fritule/bolinhas doces (Croacia).
O primeiro día, 27 de xullo, o país convidado é o Xapón, encontrándose previstas actuacións do Grupo de Danza “Sismaterz” e do Grupo de Danzas e Cantares de Mazedo. O día seguinte, 28 de xullo, realiza-s o espectáculo de abertura con todos os países.

O día 29 de xullo, está reservado para Bolivia. No esceario, actúan tamén o Grupo de Danza “AllStyles” e o Rancho Folclórico “Moleirinhos do Gadanha”. O día 30 de xullo, a musicalidade e versatilidade do grupo de Rusia, e os Rancho Folclórico Santa Maria de Moreira, Grupo Folclórico “Estrela dos Vales”, fado con Ana Ferreira e DJ.

As “Noites do Folk e Gastronomia Mundial” continúan o día 31 de xullo, co México como país convidado e actuacións do Grupo de Danza “AllStyles” e da Asociación Sociocultural e Recreativa de Piñeiros. O 1 de agosto, sobe ao escenario o grupo de Benim, nova actuación do Grupo de Danza “Sismaterz” e do Grupo Folclórico “Os Amigos de Longos Vales”.

Segue Chile, o día 2 de agosto, repartindo esceario co Grupo de Danza “AllStyles” e o Rancho Folclórico de S. Mamede de Troviscoso. Na sesión de peche, 4 de agosto, onde participan todos os grupos, está aínda prevista a actuación do Grupo Folclórico das Lavradeiras de S. Pedro de Merufe.

Na presentación pública, realizada no Palacio da Brejoeira, o director do festival, Boaventura Rodrigues, revelou que a edición deste ano promete a mesma calidade de anos anteriores e presenta dúas novidades nos espectáculos realizados en Monção. Cambio de localización, pasando da Praza Deu-la-Deu para o Parque das Caldas, e o arranque da iniciativa “Noites do Folk e da Gastronomía Mundial”.

O alcalde monçanense, António Barbosa, que na anterior edición desafiou a organización a ir máis lonxe, congratulouse coas dúas novidades anunciadas, referindo que ambas van permitir maior diversidade e dinamización do festival e a estadía das persoas na nosa rexión durante un período máis longo de tempo. 

En canto ao cambio de lugar afirmou que “o Parque das Caldas vai posibilitar que un maior número de persoas poidan asistir aos espectáculos, estando previstos 4.000 cadeiras”. En relación ás “Noites de folk e Gastronomía Mundial”, resaltou “a presenza de grupos monçanenses no mesmo escenario que os estranxeiros, e a repartición dos sabores locais cos internacionais”.

Na presentación do festival, estivo tamén a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárvel Gomez, a cal revelou que o festival é un momento extraordinario de danza, música e repartición entre os pobos. “Este ano, imos ter máis un grupo no noso espectáculo. Estou satisfeita porque a nosa xente gústalle moito as actuacións e o espirito que rodea o festival” afirmou. 

Alén dos espectáculos e das “Noites de Folk e Gastronomía Mundial”, o festival presenta aínda ateliês de danza e desfile polas rúas de Monção e pola feira semanal, o día 1 de agosto, xoves, as 10.00 h. Trátase dun momento moi participado pola poboación local que aproveita a presenza dos grupos para saber máis sobre a cultura e tradicións daqueles países.

Con entrada gratuíta, os 12 espectáculos no alto Miño e na Galiza serán visualizados por decenas de miles de persoas. Nestes días, 120 voluntarios -cozinha, limpeza, loxística, guías, interpretes-, algúns estranxeiros, van axudar a organización na realización do evento.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad