Convocou aos titulares das explotacións graníticas para buscar solucións dada a utilización por bañistas
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, convocou para este venres 26 de xullo, unha reunión cos responsables das empresas que teñen a explotación das canteiras que están inoperativas e que, pese a prohibición, están a ser utilizadas para baño o para realizar fotos cos conseguintes riscos.
Todo este problema xurde de que das 30 explotacións de granito existentes actualmente en Porriño, tan só 9 están operativas e con producción testimoniais. As restantes atópanse en paralización temporal e sen actividade extractiva, o que orixina a inundación polas choivas dos buracos das canteiras; isto está a resultar moi atractivo para bañistas e curiosos, que acuden a facer fotografías, a pesares de que bañarse nunha explotación mineira está prohíbido e supón un perigo.
A reunión do venres celebrarase no Concello e están convocados Jorge Massó, en representación de “Pocasa” -Porriñesa de Canteiras-; o empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira “Arcace nº 21”, e o seu facultativo, Fernando Delgado. Ademais asistirá o enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado, que é o técnico que asesora ó Concello e que vén de emitir un informe sobre a situación actual, requirido pola alcaldesa Eva García a pasada semana.
Nese informe que o enxeñeiro presentou á alcaldesa, sublíñase que o principal problema sitúase na canteira “Arcace nº 21”, en Atios que é a que frecuentan bañistas e curiosos “pola acumulación de auga de choiva, pola facilidade de acceso en coche como a pé e logo de acceso para bañarse aproveitando unha rampla”.
“Todo isto a pesares de que o acceso é a través dunha pista mineira pola que só poden circular vehículos autorizados, e que a sinalización e peche perimetral da canteira “Arcace” impide que alguén poida acceder á mesma por despiste ou involuntariamente”, segundo sinala o infome do enxeñeiro.
Lémbrase que a canteira está pechada con desquites e cachotes de granito coas pintadas “Perigo” e “Prohibido pasar”; de xeito que aqueles que aínda así acceden a bañarse na canteira, actúan intencionadamente.
O informe técnico alerta de que hai outras 5 canteiras co posible risco de que sexan utilizadas por bañistas. Todas elas son arrendamentos parciais da concesión “Benedicta nº 1544”, da que é titular “Porriñesa de Canteiras”.
Na reunión do venres, proporanse varias posibles e inmediatas solucións para poñer freo a este problema de seguridade. A máis inmediata sería impedir a accesibilidade ás pistas mineiras, mediante un portalón ó que só teña acceso o persoal autorizado. Esta solución debería ser pilotada por “Pocasa” como titular da concesión, en colaboración cos explotadores, o Concello de O Porriño e a Comunidade de Montes.
Recoméndase así mesmo, que se coordinen as actuacións polo Concello de Porriño coa Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia e coa Policía Local e Garda Civil, para que o efecto disuasorio sexa máis efectivo.