Redacción 19/07/2019

Isidoro Hornillos ponderou a enorme calidade da pista de atletismo durante a visita que compartiu coa alcaldesa de O Porriño

 

  

O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidro Hornillos destacou a “enorme calidade” da pista de atletismo que se está a construir no polígono da Granxa durante a visita que efectuou en compañía de Eva García,alcaldesa de Porriño e de David Alonso, concelleiro de Deportes. 

Hornillos manifestou que “esta pista de tartán é do mellor nivel que actualmente pode haber non só en España senón en Europa” e abogou por “ser ambiciosos para intentar nun prazo razoable de tempo, cubrir a instalación con miras a albergar campeonatos autonómicos e nacionais e taménpara garantir o mellor uso da instalaciónó longo do ano”.

A pista de atletismo ten unha corda de 200 m que é a regramentaria para competicións “indoor” ou pista cuberta con 6 calles. E ademáis conta cunha pista central para competicións de velocidade e vallas de 60 mcon 8 calles.

Asimesmo o presidente da federación interosouse polo módulo de atletismo que sí estará cuberto e permitirá o adestramento de atletas de diversas especialidades. Hornillos considerou que será “un equipamento pioneiro no sur de Galicia”. A comitiva tamén percorreu as instalacions anexas do Club Atletismo Porriño onde tamén estanse a realizar labouras de axeitamento dos vestiarios, así como das oficinas situadas no piso superior.

Todas estas obras contan cun orzamento de 1 millón de euros a cargo do Plan Concellos 2018/2019 da Deputación Provincial. 

A previsión do goberno municipal é que poidan estar rematadas e ser inauguradas para o vindeiro mes de setembro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad