Redacción 18/07/2019

A delegada territorial da Xunta comprometeuse coa rexedora a estudar e trasladar as distintas consellerías os temas que se trataron na reunión co equipo de goberno, consciente, dixo, de que as conversacións “están xa iniciadas“   

O saneamento, a construción dunha residencia de maiores e o proxecto escultórico do Camiño de Santiago foron os principais asuntos abordados  

 

 

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, analizou hoxe coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, os proxectos pendentes e as inversións realizadas pola Administración galega nos últimos anos. A representante autonómica inicia así nesta localidade a rolda de contactos cos rexedores da área territorial, tras a súa toma de posesión o pasado luns.

O saneamento, a reconversión do antigo Rebullón nunha residencia de maiores, o  proxecto escultórico do Camiño de Santiago ou o acceso directo ao polígono de Veigadaña pola A-55 foron os principais asuntos abordados na reunión co equipo de goberno mosense. Proxectos pendentes que a representante autonómica comprometeuse a estudar e trasladar as distintas consellerías, consciente, dixo, de que as conversacións están xa iniciadas.

De este modo, y en relación ao Camiño de Santiago, Corina Porro incidiu na importancia que ten “como escaparate para cada un dos concellos que atravesa”, ao tempo no que asumiu a necesidade de “estudar e valorar canto antes as melloras propostas as portas de celebrar o Xacobeo 2021 co obxectivo de que sexa o mellor dos celebrados en Galicia”.

En canto a residencia de maiores, a delegada territorial, que recordou su pasado na Consellería de Asuntos Sociais e confesou a súa especial sensibilidade neste ámbito, recoñeceu que hai temas que merecen “máis sosego”, pero que pola su importancia é preciso “buscar fórmulas que os fagan viables para, no menor prazo de tempo, poder ofrecer unha resposta aos nosos maiores”.

Xa por último, respecto do saneamento ou o acceso directo pola A-55 ao polígono de Veigadaña, Porro apuntou que se leva tempo traballando en ambos os dous proxectos e apostou por “avanzar de forma áxil”. A modo de resumo, a representante autonómica puxo en valor o deseño do goberno municipal para cada unha das parroquias que integran o municipio mosense de cara a esta lexislatura recentemente iniciada, ao tempo que considerou “fundamental” coñecer a realidade de cada concello, “xa que compartimos o interese común de dar o mellor servizo aos nosos cidadáns”.

Corina Porro, quen cualificou de “especialmente produtivo” o encontro coa alcaldesa de Mos e o seu equipo, volveu a manifestar o seu compromiso de “colaboración institucional con todos”. “Cada un desde as nosas competencias, só a través do diálogo e o debate construtivo podemos traballar polo ben dos nosos veciños”, concluíu. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad