Redacción 18/07/2019

O lateral dereito da fachada foi o danado polo que semella pintura espallada

 

 

O Concello de Porriño comunicou esta mañan á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e tamén á Diócese de Tui-Vigo,os danos sufridos na fachada principal da Igrexa de Santa María da Concepción, que apareceu hoxe con pintura de cor rosa.

O párroco da igrexa parroquial ubicada no centro da vila presentará denuncia ante a Garda Civil.

O atestado da Policía Local de Porriño indica que ás 08.19 h desta mañán recibiuse aviso do feito que se supón aconteceu de madrugada. O parte policial sinala que comprobou que se trata de pintura supostamente botada con algún tipo de envase.

Como se aprecia nas imaxes, o tramo danado é a parte dereita da fachada.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad