Redacción 13/07/2019

O 80% está financiado polos fodos FEDER da Diputación de Pontevedra e o 20% restante polo Concello

Este Concello leva tempo traballando na sustitución paulatina de bombillas de baixo consumo nas parroquias, e nestes días deu un paso mais coa firma, por parte da súa Alcaldesa Marta Valcárcel, dun convenio coa Deputación de Pontevedra para acceder a través de fondos FEDER a sustitución de todos os puntos de luz no casco urbano, recinto amurallado e a substitución e instalación de caldeiras de biomasa na Casa do Concello, Casa de Cultura e no edificio do Xuzgado de Paz.

Estas inversións enmarcanse dentro do programa FEDER – EELL- 20019-000-559, que conta co financiamento do 80% do FEDER, achega da Deputación Provincial e coa inversión do propio Concello, cun importe global de inversión de máis de 300.000€.

O obxecto deste convenio é a renovación da iluminación pública exterior actuando sobre 221 puntos en casco urbano e 61 no Recinto amurallado, acadando unha reducción de consumo de enerxía eléctrica da instalación reformada en polo menos un 30%, coa sustitución de lámpadas actuáis por outras máis eficientes, sustitución de luminarias por outras con maior rendemento e lámpadas de menor potencia de tecnoloxía LED, sustitución de balastros electromagnéticos por electrónicos, instalación de reloxos astronómicos como sistema de coltrol da iluminación en horarios nocturnos, a través da instalación de sistemas de regulación de fluxo luminoso mediante preprogramación da luminaria.

Ademáis levarase a cabo a subsitución de caldeiras cuxo combustible é non renovable por caldeiras de biomasa acadando unha reducción do consumo de enerxía eléctrica.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad