Redacción 11/07/2019

Deste xeito cumpren o compromiso asinado no pacto de goberno

 

 

Tal como xa anunciara antes das elección municipais, o equipo de goberno iniciará os trámites para someterse ao servizo de mediación e rematar así co conflicto laboral do Concello. O equipo de goberno cumple así co seu compromiso, recollido no pacto de goberno asinado polas dúas forzas -MS e PSOE- para esta lexislatura, e no que se especificaba a necesidade de intentar solucionar a situación laboral e as solicitudes trasladadas por parte da plantilla municipal.

A Alcaldesa, Loli Castiñeira, que ademáis ostenta a área de persoal trasladoulle xa á plantilla municipal, nunha reunión informativa o pasado 27 de xuño, a intención de acudir ao servizo de mediación, polo que en breve se procederá ó inicio das xestións pertinentes.

O equipo de goberno pretende así chegar a un acordo, polo que lles pide aos traballadores e traballadoras municipais un marxe de confianza para que poida botar a andar o proceso.

Con todo, este goberno e partidario de levar a cabo a mediaciòn no momento no que realizen as eleccións sindicais correspondentes e agarda chegar a un acordo cos Sindicatos nese senso.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad