Redacción 10/07/2019

As notas musicais irán da man da Agrupación San Xurxo de Mosende, Argonat Band e o Grupo M-3

 

Esta mañá, presentábanse a festas de San Benito onde a alcaldesa do Porriño, Eva García invitou “a todos e todas @s porriñeses a vir ás Festas da San Benito, así como a todos os habitantes da bisbarra e da área metropolitana para que se acerquen a Porriño e veñan a disfrutar con nós” segundo dixo na presentación do programa festivo realizada esta mañán no Concello,

Os festexos están organizados polo Concello de Porriño en colaboración coa Comisión de Festas de San Benito, cun orzamento que non chega ós 20.000 €.

David Alonso, como concelleiro de Festas neste intre, valorou que “o programa que fixemos é moi completo é para todas as idades”.

Este serán haberá verbena co grupo “Chastón” a partires das 21.30 h.

Mañá, data de San Benito, día grande da Festa e festivo local, Polo serán un concerto da Banda da Escola Municipal de Porriño ás 20.00 h, unha verbena a cargo do grupo “Canela” (21.00 h) e outra ás 23.00 h con “Kubo”.

O venres 12, os actos comezarán ás 19.30 h coa actuación da Agrupación San Xurxo de Mosende. Ás 21.00 h haberá un concerto de acordeóns da “Argonat Band”. E de noite, dende as 22.30 h verbena a cargo do grupo M-3.

No que atinxe ós actos relixiosos hoxe mércores celébranse varios oficios durante a mañán e a mediodía a Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa María. Ó remate da misa, haberá procesión ata a Capela de San Benito, e despois a tradicional subasta das uvas do santo e as ofrendas diante da capela.

 

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad