Redacción 08/07/2019

Con 40 anos de historia o clube acadou esta tempada 18-19 o Torneo de Copa

 

 

O Ameixoa F. C. é o colectivo escollido este ano para dar o pistoletazo de saída ás festas do Cristo de Salceda.

A cita será o vindeiro sábado 20 de xullo ás 22:00 h no balcón da Casa da Cultura Castelao, donde os compoñentes do clube serán os encargados de disparar o xa tradicional “estourazo”, que este ano chega á súa décima edición.

O equipo de fútbol afecionado foi elexido polo Equipo de Goberno, tras lograr nesta última tempada 18-19 a mellor clasificación dende a súa fundación no ano 1978, conseguindo gañar o Torneo de Copa, xunto cun merecido premio á deportividade.

Deste xeito, o Estourazo servirá de recoñecemento á traxectoria do clube, despois de 40 anos de historia. O Ameixoa compite na primeira división do Campionato de Liga Afecionados de Salceda, que cada ano organiza a Sociedade Deportiva Salceda.

O Estourazo, que este ano celebra a súa décima edición, serve cada ano para marcar o inicio das festas do Cristo; unha cita que serve para recoñecer a traxectoria de asociacións e colectivos de Salceda que teñan destacado no ano en curso, e por ela xa levan pasado asociacións e colectivos culturais, deportivos, sociais, sanitarios, etc.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad