Ademáis estanse a realizar obras nos vestiarios que estarán listos para o inicio da tempada o 25 de agosto
Unha comitiva municipal formada pola alcaldesa Eva García, a concelleira Lourdes Moure e de Julio Bernárdez, xerente do departamento de Deportes do Concello, visitaron as obras que a administración municipal está a costear nos campos de fútbol e vestiarios de San Campio.
Actualmente están a realizarse tarefas de pinchado para aireación do céspede e capa vexetal do campo de herba natural. As labouras continuarán nos próximos días para ter este campo nas mellores condicións posibles para a estrea do Pontellas en Terceira División, despois do seu flamante ascenso de categoría.
Pola mesma razón tamén están a realizarse traballos de limpeza e pintura dos vestiarios. A Liga en Terceira División arrincará o vindeiro 25 de agosto, segundo determinou a RFEF.
Estés traballos que se están a realizar foron acordados nun recente encontro celebrado na Alcaldía entre Eva García, Julio Bernárdez e directivos do C.D. Pontellas, encabezados pola súa presidenta, Marta Costas.
Durante esa reunión a alcaldesa recoñeceu á directiva do Pontellas “a mói boa xestión que están realizar dende a parte administrativa do clube, que se plasma nos excelentes resultados deportivos en todas as categorías”.