Redacción 02/07/2019

A pasada fin de semana foi queimada nun acto de cobardía e falta de respecto e tolerancia

 

 

Dende esta maña no balcón da Casa consistorial de Salvaterra de Miño volve a ondear a bandeira LGTBI, despois de que esta fin de semana fora queimada.

O Concello de Salvaterra de Miño  condenou este fin de semana os actos vandálicos acontecidos está madrugada coa queima da bandeira LGTBI, que estaba colgada na fachada do consistorio.

Este Concello sumouse á celebración do #orgullo2019 para reivindicar o dereito a ser e amar libremente, o dereito á liberdade e ao respecto, e neste eido o grupo de goberno estivo presente  hoxe na concentración organizada por un grupo de xovenes salvaterrenses que querían mostrar o repulso a estas acción e visibilizar que o noso municipio, Salvaterra de Miño é un Concello tolerante e aberto, que respecta os dereitos e libertades das persoas.

Ao finalizar a lectura do manifesto pasouse a colgar unha nova bandeira que estará pendurada na fachada do Concello durante esta semana.

Por unha Salvaterra sen discriminación, por unha Salvaterra en liberdade!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad