Varias denuncias veciñais advertiron ao Concello do impedimento de paso tanto peonil coma rodado
Tras as denuncias veciñais sobre a existencia dunhas vigas de formigón que obstaculizaban e impedían o paso e a circulación tanto de vehículos como de peóns, nun treito sen pavimentar do camiño existente entre a “Discoteca La Reina” e a N-550.
De oficio o Concello acordou iniciar expediente investigando, primeiramente para tratar de determinar a titularidade do camiño, denominado Camiño do “Antigo Tranvía”; para a continuación ordenar a retirada inmediata do material e proceder, coa colaboración da Policía Local, a incoar o conseguinte expediente sancionador.
“Que conste alto e claro que imos defender o patrimonio municipal e que sempre estaremos ao lado dos veciños” manifestan tanto o Alcalde en funcións, Camilo Augusto Martínez, como o Concelleiro de Urbanismo e Patrimonio, Alberto Méndez, presentes no lugar.