Este acordo permitirá a substitución de 101 puntos de luz actuais por led que acadará un aforro enerxético dun 61%
Onte , levouse a cabo a sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos para levar a cabo as actuacións recollidas no proxecto do IDAE denominado “Iluminación Exterior sostible III” (FEDER –EELL-2019-000-498), que conta co financiamento do 80 % do FEDER. O noso Concello estivo representado polo Alcalde accidental, Camilo Augusto Martínez e o concelleiro Gonzalo Alonso Táboas, responsable das áreas de alumeado e eficiencia enerxética e recollida de residuos.
Neste proxecto, cun orzamento total de 44.378,72 €, están incluídas as actuacións de substitución de 101 puntos de luz existentes e das actuáis luminarias por lumninarias LED máis eficientes nas seguintes zonas : Avd de Sanguiñeda, Avda. de Puxeiros (zona norte bilaterais), Avda. de Puxeiros (zona norte Tresbolillo), Rúa Ludeiro, Rúa Brea ( aparcamento zona sur) e rúa Brea.
Que as actuaciones que se van a levar a cabo son:
- Substitución das lámparas actuáis por outras máis eficientes de tecnoloxía LED
- Substitución de luminarias por outras con maior rendemento e lámparas de menor potencia de tecnoloxía LED
- Substitución de balastros electromagnéticos por electrónicos
- Instalación de reloxos astronómicos como sistema de control da iluminación en horarios nocturnos,cando sexa necesario.
- Instalación de sistemas de regulación de fluxo luminoso mediante pre-programación da luminaria
- Redu ción do consumo da enerxia eléctrica da instalación reformada, en polo menos, un 30 %.
O obxectivo, é conseguir un aforro enerxético estimado dun 61 %.