A empresa Rentokil será a encargada do control de poboación dos 300 exemplares que a compoñen
O Concello do Porriño toma medidas contra o aumento de pombas no municipio, comezando polo edificio abandoado de “Instalauto” (na imaxe), ao carón da Praza Central, a colocación de xaulas para controlar a poboación de pombas na cidade que realiza persoal especializado da empresa Rentokil.
Precisamente nese punto do casco urbán, así coma noutros, producíronse queixas reiteradas de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios, o que motivou que o Concello de Porriño, contratase á empresa “Rentokil” para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica.
A empresa que ten sede no polígono porriñés da Granxa, obtivo a semana pasada a correspondente autorización -da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia- para iniciar as labouras de trampeo que se alongarán durante un ano, a través de accións mensuais.
Polas estimacións dos técnicos de “Rentokil”, uns 300 exemplares compoñen a poboación de pombas que actualmente hai no centro urbán do Porriño.
A colocación de xaulas para a captura destes animais realizaráse tamén no edificio do Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios, posto que en ambas localizacións, comprobouse que as pombas colocan os seus niños e, polo tanto, se concentran en eles a meirande parte destas aves.