Redacción 24/06/2019

A Consellería de Sanidade terá que pronunciarse ante o inicio das reclamacións xudiciais ao ser a responsable da implantación do sistema anticonceptivo no Sergas

 

 

O sistema  Essure é un tipo de anticonceptivo permanente, irreversible e non hormonal para mulleres. Unha esterilización feminina consistente na colocación dun dispositivo metálico cun pequeno espiral de metal e fibra nas trompas de  Falopio que xenera tecido  cicatrizal, cunha reacción a corpo estraño, evitando cos espermatozoides alcancen ao óvulo. É unha intervención de mínima invasión que non precisa ingreso hospitalario, cunha sedación, sen incisións, e incorporación inmediata a vida diaria e que viu a substituír a anterior ligadura de trompas.

Entre os seus compoñentes están as fibras PET(polietilentereftalato) -fibras de poliéster, aleación de titanio, níquel e aceiro inoxidable, de 4 cm- causantes da inflamación nas trompas, que provocan unha cicatrización e quedan seladas, aos 3 meses a obstrución debería ser completa. Implántase nos servizos de planificación familiar dependentes do Sergas. Dende a asociación non coñecemos ningunha clínica privada que traballara este método, o mais seguro, polo seu prezo.

O fabricante foi Conceptus sendo posteriormente comprado pola casa BAYER. O proceso de implantación foi dende o 2002 en USA, a partir do 2003 en Europa. Tendo diferentes composicións e alterando os metais, dende o 2018 non se comercializa, según o comunicado do fabricante por problemas de ventas.

A Asociación de Afectadas do Essure -Asafessgal-comeza no ano 2016, un amplo grupo de mulleres portadoras do Essure non só de Galicia, decatámonos de problemas na nosa saúde, compartíamos arredor dun 80% dos síntomas, sendo de idades diferentes e con distintas patoloxías coma: Dores articulares, lumbares, cansanzo extremo, desamaños no ciclo menstrual, hemorraxias, cefaleas, insomnio, inflamación pélvica, problemas dixestivos, sabor metálico na boca, perdida de cabelo, pezas dentais, infeccións, barullo nos oídos, mareos, vómitos, náuseas, desmaios, amais dun 20 % de síntomas acaecidos con patoloxías de enfermidades autoinmunes.

Temos coñecemento de 1.300 mulleres implantadas en Galicia fronte as 80.000 implantadas en España. A data 17/11/2018, foran explantadas en Galicia un total de 66, datos proporcionados polo Sergas. A asociación ten 16 casos máis de mulleres operadas dende entón e ata o pasado mes de maio deste 2019. Mulleres españolas que comunicaran efectos adversos co dispositivo  962 até Setembro do 2018.

Pola situación das afectadas actualmente, é polo que convocamos esta rolda de prensa, xa que actualmente atopámonos cas seguintes eivas:  

– Non se aplica o protocolo na atención primaria, falta de coñecemento por parte dos profesionais. Ocasionando a saturación doutros profesionais médicos na procura de atención a patoloxías encubertas polos síntomas. Na derivación a xinecoloxia as pacientes acuden sen probas de alerxia os metais, ou radiografía onde o profesional pode comprobar a correcta colocación do dispositivo.

– Desinformación as Mulleres operadas antes do protocolo, non se coñece a súa situación real, pode incluso ter restos e continuar cos síntomas.

– Coidados postoperatorios: unha vez operadas acudimos a consulta xinecolóxica, non se aportan as probas radiográficas feitas no quirófano, só temos a seguridade de súa realización, pero non sabemos o resultado, co que temos que solicitar información para coñecer a situación de eliminación de restos. Non se fai seguimento os 3 meses, nin o ano da explantación.

– Non hai un estudo sobre as mulleres operadas sobre a súa sintomatoloxía, polo que non se aplica o termo de afectada do método Essure.

– Inexistente o seguimento das enfermidades diagnosticadas durante o proceso de rexeitamento do dispositivo, o mesmo ca medicación.

– Incorporación os nosos historiais médicos do  termo “afectadas polo dispositivo Essure”, e descartar motivos psicolóxicos, que non é mais cun síntoma.

– Programa específico de eliminación e adaptación o residuos nas afectadas.

Por estes motivos reclamamos unha Demanda asistencial cunha campaña de promoción sobre o protocolo ESSURE, nin a Consellería nin o SERGAS se dirixiu as máis das 1.300 afectadas en Galicia, para que superan da existencia do protocolo e podesen acudir da forma máis áxil posible ao seu xinecólogo.

Ante esta desatención comezamos a vía da reclamación xurídica, pois dende o mes de maio, estanse a presentar reclamacións individuais polas afectadas que xa foron explantadas, reclamando compensacións económicas, que deberán ser asumidas polo fabricante do ESSURE, se ben será a Consellería a que teña que pronunciarse. O obxectivo é que cada muller que en aplicación do protocolo lle sexa retirado o ESSURE, poida iniciar a súa reclamación sempre que non pase máis dun ano.

Dende os estamentos sanitarios, e mesmo os facultativos, negaban a existencia de problemas pola implantación do Essure, afrontando o problema coma psicolóxico ou menopáusico.

Por iso dende a Asociación de Afectadas do Essure -Asafessgal-iniciamos unha loita polo Protocolo, que conseguimos que o Sergas publicara entre outubro e novembro do 2018 para una explantación segura. Colaboramos na súa redación coma afectadas dende o mes de Maio, despois de presentar unha moción no Concello do Porriño, e recollela no Parlamento por Julio Torrado Quintela, para presentar na Comisión de Sanidade. Esta aprobación foi tanto polos responsables do persoal sanitario das EOXIS, como pola recente Asociación de Afectadas do Essure Asafessgal. Dende eiquí queremos trasladar o noso agradecemento tanto a Xerencia do Sergas (Antonio Fernández-De la Campa) a vicexerencia (Raquel Vazquez), e os profesionais que foron quen de desenrolar unha técnica quirúrxica válida, mais non carente de riscos, pola que asumimos a perda de órganos reprodutores coma as trompas de Falopio, Útero, e moitas veces tamén os Ovarios, dependendo da posibilidade de que queden restos do dispositivo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad