Redacción 18/06/2019

Regades puntualiza que  se trata “do mellor equipo posible para continuar a levar a cabo políticas pola igualdade na Deputación”

 

 

As e os socialistas da provincia de Pontevedra elixiron este mércores por unanimidade aos 12 deputados que acompañarán a Carmela Silva na Deputación de Pontevedra durante o próximo mandato.

Trátase dunha lista caracterizada pola renovación, onde só tres deputadas e deputados, ademais da actual presidenta, repiten no cargo, todas e todos eles polo partido xudicial de Vigo e concelleiras e concelleiros da cidade olívica: Carlos López Font, Isaura Abelairas e Santos Héctor Rodríguez.

Ata nove caras novas con maioría de mulleres se sentarán no Salón de Plenos do Pazo Provincial cando se constitúa a próximo corporación. Trátase das concelleiras e concelleiros, tamén polo partido xudicial de Vigo,Gorka Gómez, Ana Laura Iglesias, de Vigo; Raquel Giráldez por Nigrán; Iria Lamas, concelleira en Gondomar e Olga María García, de Redondela.

No partido xudicial de Pontevedra os elixidos son Gregorio Agís, concelleiro en Poio, e Manuel González, de Caldas de Reis. Pola súa banda, no partido xudicial de Tui será VictoriaAlonso, quen foi cabeza de lista en Mos, a que representará aos socialistas; mentres que por Cambados a deputada será Noemí Outeda, concelleira do Grove.

“Esta lista reafirma o compromiso do Partido Socialista co feminismo”, destacou o secretario xeral provincial, David Regades. En total, son oito mulleres e cinco homes que se ocuparán das diferentes áreas de goberno da Deputación. O máximo dirixente provincial sinalou que se trata “do mellor equipo posible para continuar a levar a cabo políticas pola igualdade” desde o goberno provincial.

A lista foi aprobada por unanimidade na reunión mantida esta tarde pola Comisión Executiva Provincial na sede do partido en Pontevedra. Regades mostrouse satisfeito polo traballo feito desde o partido para elixir un equipo “solvente e representativo da provincia” e que levará a cabo “un magnífico traballo” na Deputación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad