Redacción 12/06/2019

O pleno municipal para a constitución da nova corporación local do Porriño terá lugar o sábado 15 ó mediodía

 

 

A corporación municipal do Porriño do mandato 2015/2019 celebrou hoxe sesión plenaria previa a súa disolución. O pleno extraordinario tivo como único asunto da orde do día, a aprobación de actas pendientes de anteriores sesións á que asistiron 14 dos 17 corporativos.

Tratábase das actas 1/19, 2/19, 3/19 e 4/19 correspondentes ás sesións plenarias dos días 4 de marzo, 1 de abril, 29 de abril e 6 de maio. Todas estas actas aprobarónse por unanimidade. O grupo municipal do PP alegou que faltaría unha acta máis correspondente a outro pleno, de maio de 2018, no que se aprovou o rozamiento municipal.

O secretario do Concello respostou que esa acta non estaba aprobada por unha enmenda que o propio PP presentou. Segundo as explicación a do secretario, no seguinte pleno o PP votou en contra da sua propia enmenda e da aprobación desa acta.

O sábado 15 de xuño, ás doce do mediodía, terá lugar a sesión constitutiva da nova corporación municipal do Porriño electa nos comicios do pasado 26 de maio. A sesión iniciaráse coa constitución da mesa de idade que formarán o concelleiro de maior idade e a concelleira máis nova que actuarán asesorados polo secretario do Concello.

A continuación tomarán posesión os dezasete membros da nova corporación mediante a fórmula de xuramento ou promesa á Constitución, segundo elixan. E finalmente se procederá á votación para elexir alcalde ou alcaldesa que tomará posesión ante a Corporación e pechará coa súa intervención o pleno municipal. A partir dese intre, haberá un prazo de ata un mes para que se forme o goberno municipal e sexan distribuídas as diversas competencias e delegacións.

Prácticamente renovaráse a metade da corporación porriñesa. Entre os que non continuarán na actividade municipal figuran Orlando Marquez e Sole Girón, do grupo municipal socialista; Marcelino Coto, da UDDL; Carlos Martínez, voceiro do grupo municipal do PP e Sabela Landín, concelleira non adscrita.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad