Redacción 11/06/2019

En Petelos instalarase xunto á Capela de San Amaro, en Guizán, diante do Centro Cultural; e en Tameiga, na urbanización de San Eleuterio

 

 

O Concello de Mos informa de que unha unidade móbil da nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, desprazarase ata Mos para que os mosenses interesados en doar sangue poidan facelo.

A unidade móbil permanecerá en Mos durante o mércores 19 de xuño e o xoves 20 de xuño.

O mércores día 19 de xuño estará en Petelos, ao carón da Capela de San Amaro en horario de 15:30 h a 18:30 h e en Guizán, diante do Centro Cultural, de 19:00 h a 21:00 h.

O xoves día 20 de xuño estará en Tameiga, na urbanización de San Eleuterio, de 15:30 h a 21:00 h.

Os interesados en acudir a doar sangue deberán levar o seu DNI, non ir sen almorzar e esperar dúas h despois do xantar para realizar a doazón, así como informar ao médico si se está a tomar algún medicamento.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad