Redacción 05/06/2019

O nadador do Club Natación Mos está na capital alemana onde leva dende o luns para someterse ás revisións pertinentes da competición que terá lugar do 6 ao 9 de xuño

 

  

O nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón, xa se atopa en Berlín para competir coa FEDC (Federación Española de Deportes para Cegos), sendo o único representante galego na mesma.

Entre os días 6 e 9 de xuño celébrase na capital alemana a Open International World Series de Natación Paralímpica, á que Ferrón foi convocado pola FEDC para os 50 e 100 m libres e os 50 e 100 m bolboreta.

O nadador do Club Natación Mos viaxou este luns ata Berlín para someterse a unha revisión que determine o seu encadre a nivel internacional.

O Concello de Mos súmase ás declaracións adicadas a Ferrón polo seu club, desexándolle que viva ao máximo esta gran experiencia así como moita sorte nesta competición na que lle auguran un gran papel.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad