O boxeador mosense venceu a Adán Macareno en Foz o pasado 20 de abril
O KickBoxing Mos segue acumulando vitorias, pois semella que o equipo adestrado por Juan Alonso convértese nunha fábrica de campións.
Todo ocorreu o pasado sábado 20 de abril, no concello de Foz, nesta ocasión acudiron con tres competidores, dous na modalidade de kickboxing (lowkick) onde Alberto Simón venceu aos puntos a Arias Maira colocándose así na final do Campionato Galego de KickBoxing, que se celebrará posiblemente neste mes de Maio.
Ares García, o Junior do club, debuta dunha forma expectacular contra un rival que lle sacaba máis de 5 kg e co combate gañado, no último asalto, sufriu unha fractura de tabique nasal por un golpe accidental cun cóbado; tendo que parar a pelexa por decisión médica.
E como non o xa máis que coñecido, Juan “o diamante” Rivera, na modalidade de k1 que venceu a un experimentado rival como é Adán Macareno, o seu adestrador cóntanos que está listo para dar o salto ao profesionalismo.
Actualmente, o equipo mosense adestra no ximnasio Jhoven Sport de O Porriño, os martes e xoves de 20:30 a 22:00 h.