Redacción 29/04/2019

Este venres 3 de maio arrinca na praza Antonio Palacios “O Porriño Street Food”

 

 

A vindeira fin de semana, O Porriño acolle un festival que concentrará nun mesmo espazo unha seleccionada oferta gastronómica, música en directo e un mercado con expositores de Porriño e bisbarra.

Deste xeito Porriño incorporase a unha tendencia cada vez máis extendida que damanda estas novas fórmulas que reúnen comercio non convencional, ocio e gastronomía en espazos abertos. “Ademáis a capacidade de convocatoria deste tipo de eventos e a boa previsión meteorolóxica para o vindeiro fin de semana, fan prever unha altísima presenza de público da área metropolitana e polo tanto un importante retorno económico para Porriño”, valorou a alcaldesa Eva García.

“O Porriño Street Food” desenrolaráse na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 21.00 h da noite do vindeiro venres 3 de maio. Seis camions con cociñas sobre rodas ou “food trucks”, segundo a denonimación inglesa, instalaránse na praza. Os participantes serán os pontevedreses “Mean Dogs e “Crepes & Roll”; “Faiscas”, “Matafame” e “Gale-Truck” (todos eles de Ourense) e “Rock & Dog” (de León). A organización, a cargo da OMIX de Porriño e a empresa de eventos “Galicia Street Food” instalarán carpas, mesas e cadeiras para o público asistente.

Os “food trucks” “ofrecerán propostas gastronómicas suculentas e orixinais que comprenderán hamburguesas premium, bocadillos gourmet, tapas orixinais, cociña vegana, crepes e gofres artesás e cervexas de autor”, dixo Crisóbal Cudeiro, responsable da empresa organizadora, “ a elección de Porriño para este evento -no que será a primeira vez que se celebre- responde ás características de esta cidade e á excelente colaboración por parte do Concello” declarou Cudeiro.

A oferta gastronómica manteráse ata o domingo 5 co “Porriño Street Food”, que estará complementado por un mercado con 10 comerciantes da cidade e por actuacións musicais diarias, que contribuirán á animación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad