Redacción 26/04/2019

Esta carreira popular terá lugar o domingo 5 de maio e conta con dous percorridos -de 5 ou 10 km- polo municipio

 

 

Organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coas Escolas Deportivas e baixo o nome “Corre X Salceda”, esta séptima  a proba servirá para que os participantes poidan coñecer os espazos naturais de Salceda, así como os diferentes tramos de sendas polos Ríos Caselas, Lagoela e Landres.

Para a categoría absoluta, con saída ás 10:30 h, @s participantes poden elexir entre facer 5 ou 10 km. @s nacid@s entre 2004 e 2006 terán un circuito de 2.500 m; de 1.000 m para @s nacid@s entre 2.007 e 2.009; de 500 m para @s nacid@s entre 2.010 e 2.012; de 150 m para a categoría “Pitufos A” que engloba aos nen@s nacid@s entre 2.013 e 2.015; e 100 m para os “Pitufos B”, nacidos en 2.016 e 2.017 .

Todas as categorías realizarán a súa saída dende a Praza do Concello. Ademáis, no caso das categorías inferiores, todas elas contan con un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida. Atletas chegad@s dende toda a xeografía galega teñen confirmada xa a súa presenza nesta proba, que cada ano está contando con máis de 800 participantes.

Para poder inscribirse pódese facer a través da páxina www.deportesalceda.gal, aboando unha cuota de 7 € para as categorías absolutas, e coa aportación de productos de desaiuno para o Programa de Alimentos Municipal as categorías inferiores. Os dorsais poderanse recoller o venres 3 no Decathlon de Puxeiros, o sábado 4 no Pavillón de Deportes de Altamira e o mesmo domingo 5 no Auditorio Municipal. @s participantes recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa da proba, así como a opción de conseguir os trofeos que se entregarán en cada unha das categorías.

Máis de 40 persoas voluntarias garantirán o correcto desenrolo da proba baixo a dirección da Policía Local, encargándose da loxística, control de cruces, avituallamento, entrega de dorsais, etc. Así mesmo, o Concello conta tamén coa colaboración de diversos clubes da localidade e con persoal de Protección Civil de diversos Concellos.

A concelleira de Deportes, Carla Pérez “agardamos que centos de deportistas acudan ao evento para disfrutar e coñecer do noso entorno a través dunha actividade tan saudable. Agradecemos especialmente a colaboración de Luis Manuel Rodríguez Cabaleiro, figura fundamental na organización deste evento”.

O alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, indicou que a vila “acollerá unha vez máis a deportistas chegados dende todo o País. Os nosos espazos naturais serán o mellor escenario
nesta proba que, ademáis de medir as forzas d@s participantes, servirá tamén para seguir a dar a coñecer o noso Concello e, sobre todo, a enorme hospitalidade da nosa xente”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad