A coordinación entre Administracións e Corpos de Seguridade é de vital importancia para garantizar a protección das vítimas
A Mesa de Coordinación contra a Violencia de Xénero reuníuse hoxe na casa consistorial de Porriño coa asistencia da alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure; de responsables da Subdelegación do Goberno; Tenente e Sarxento da Garda Civil do Porriño -debidamente uniformados-; Xefe da Policía Local do Porriño; e responsables do Centro de Información á Muller e Servizos Sociais do Concello de O Porriño.
Esta reunión de traballo, tratou diversas medidas de coordinación entre as institucións e as Forzas e Corpos de Seguridade, pois é de vital importancia que cada un deles dedique todos os seus esforzos nas súas competencias para garantizar a protección das vítimas.
Asimesmo revisáronse as últimas cifras sobre denuncias, ordes de protección de víctimas e de afastamento de agresores.
Porriño é un dos once concellos da provincia de Pontevedra que está integrado no Sistema de Seguemento Integral da Violencia de Xénero -VIOGEN- para a prevención de situacións de risco e protección das víctimas.
Dende o Concello, informaron ós presentes das actividades formativas que se desenrolarán ó longo do mes de maio nos diversos eidos da seguridade feminina e protección xurídica e tratamento das víctimas e protocolos de actuación, dirixidos aos profesionais que teñen que atendelas.