Redacción 24/04/2019

Dende as 21:30 ata as 04:00 h a Sala Rebullón acolle a segunda edición deste festival que reúne principalmente a artistas que participan no selo musical e compañeiros do movemento reggae galego

 

 

O vindeiro sábado 27 de abril, terá lugar na entidade cultural a segunda edición Dub Yard Festival que contará con convidados especiais coma o artista francés Manu Bypass aka Anti Bypass, realizando un espectáculo “Live Dub”; e os compañeiros vigueses Transilvanians. Estes últimos achéganse nesta edición, despois de grabar no estudo The Dub Yard o seu último LP xunto co artista internacional Roy Ellis.

Como cada ano, o colectivo Elephants Yard fai a súa aparición en escea, e nesta ocasión presentando catro mini-concertos denominados “Showcase” con ritmos orixinais do seu selo The Dub Yard Records, interpretados por diversas formacións de músicos que participan no selo e liderados ó micro por Paula Herrero aka High Paw, Sutta aka Victor Laligator del Sutta, Chou aka Andrés Seoane e Mr. Mou aka Ricardo Mouriño.

A noite comeza cunha selección de vinilos a cargo de La Madriguera Roots & Dub que nos deleitará co mellor Roots para ir quencendo o ambiente.

En resumo, Dub Yard Festival pretende motivar a escena reggae e a música en directo a través desta presentación, nun espazo acondicionado para o desfrute sónico da música como é a maravillosa Sala Rebullón, e contando cun espazo de acampamento, todo emprazado nun entorno idílico no alto da ría de Vigo, Mos.

Pónse á disposición dos asistentes unha zona cuberta e outra zona verde para acampar. Este espazo encóntrase no interior da finca do Centro Cultural As Pedriñas e é de uso único para os asistentes ó evento.

O programa de actuacións divídese do seguinte xeito:

21:30 – 23:00 La Madriguera Roots & Dub ( Vinyl Selection )
23:00 – 00:15 Transilvanians
00:30 – 02:15 Elephants Yard ( Four Showcase )
02:30 – 04:00 Manu Bypass aka Anti Bypass ( Live Dub )

Entradas:

– Anticipada: 12€ ( Ata 26 Abril )
– Taquilla: 16€ ( 27 Abril )
– Entradas físicas anticipadas á venda no Centro Cultural As Pedriñas (Mos), Honky Tonk e Elepé (Vigo), Tabertenda (Salceda de Caselas)
– Entradas online en https://www.eventbrite.es/e/entradas-the-dub-yard-festival-43653219956#tickets
(gastos de xestión non incluidos)

Autobúses:

– L15B e L15C
Sábado: saídas cada hora dende Samil pasando polo centro de Vigo dirección Xestoso ( Parada en Estrada das Prantas con Av. do Rebullón

– L12B
Domingo: saídas cada hora dende as 10:05 dende o Hospital Meixoeiro dirección Vigo ( Parada na Av. da Ponte a 15 minutos do CC As Pedriñas )

 

Taxi: Prezo medio da viaxe 12-15€

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad