Redacción 22/04/2019

Proseguen as actividades infantís, o cinema e o grupo Atalaia estrea “Nin fé nin café”

 

 

Este martes, 23 de abril e Día do Libro, está prevista unha actividade de bookcrossing no conxunto histórico de Tui ao longo de todo o día. Liberaranse polas distintas rúas libros de diferentes temáticas.

A partir das 11 h na Área Panorámica, con entrada pola porta 5, continúan as actividades infantís  para nenos e nenas de 5 a 16 anos. Os cativos e cativas deseñarán, personalizarán e colorearán as súas propias chapas.

Ás 16.30 h terá lugar a proxección da película “Bebé Jefazo” dentro da programación de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.

Ás 17.00 h a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui actuará na Residencia San Telmo.

Na segunda xornada da XI Semana de Teatro Amado ás 21 h no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui estrea a comedia “Nin fe nin café”.  As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30 h ao prezo de 1,5€.

 

Programación Festas de San Telmo para este martes 23

 

Todo o día no conxunto histórico, realización de bookcrossing co gallo do Día do Libro.

11.00-13.00 h No edificio da Área Panorámica (porta 12) actividades infantís *Entrada libre até completar capacidade.

16.30-18.10 h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil “Bebé jefazo” con En Un Tris Trás – *Entrada libre até completar capacidade.

17.00-18.00 h Na Residencia San Telmo actuación da Coral Centro Sociocomunitario de Tui.

21.00-22.00 h No Teatro Municipal XI Semana de Teatro Amador San Telmo co grupo de teatro Atalaia do Centro Social de Tui. Estrea de “Nin fe nin café” – *Entrada 1,5 €.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad