Redacción 22/04/2019

Está dirixido a mulleres de calqueira idade do municipio e inclúe tamén a protección xurídica

 

O Concello de O Porriño xa está a recoller inscripcións para o curso de defensa persoal feminina e de protección xurídica, prantexado para mulleres de calquera idade, que se impartirá durante catro sábados do mes de maio, a partir do día 4.

As interesadas poden realizar a súa inscripción directamente no Concello, tamén no Pavillón Municipal de Deportes, no Ximnasio Jovhen Sport ou ben por e-mail no enderezo electrónico administración.policialocal@oporrino.org

As prazas son ilimitadas. De tal xeito que inicialmente estáse a prever que as clases de defensa persoal impartiránse no ximnasio “Jovhen Sport” pero se a afluencia de mulleres é maior, pasarían ó Pavillón Municipal.

A instrucción sobre técnicas e chaves para defensa persoal ás mulleres serán desenroladas por axentes da Policía Local e profesores especializados. E a información sobre protección xurídica será impartida polo maxistrado Juan José Trashorras, titular do Xulgado Penal número 1 de Pontevedra. No seu caso o maxistrado explicará ás mulleres participantes as diferencias entre lexítima defensa, o medo insuperable e o uso proporcional da forza.

A idea deste curso parte da Xefatura da Policía Local de Porriño e financiase con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, tramitados a través da Secretaría de Estado de Igualdade.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad