O evento deportivo organizado por Always TM, celebrarase do 26 ao 28 de abril nas súas instalacións de Sanguiñeda
As instalacións de Always TM en Sanguiñeda, acolleron o pasado venres a presentación do I Torneo Internacional Concello de Mos de Tenis de Mesa, na que estiveron presentes o Xefe de Comunicación de AlwaysTM, Manuel Pereiro, e o concelleiro mosense Cándido Pérez.
O torneo, para o que xa hai 50 inscritos aínda que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 21 de abril, disputarase os días 26, 27 e 28 deste mes nas instalacións de Always Tenis de Mesa en Mos, na parroquia de Sanguiñeda. O propietario de AlwaysTM, Samuel Pereiro, destaca a importante presenza de xogadores procedentes do veciño país Portugal que haberá nesta competición.
As inscricións poden formalizarse telefónicamente no número 667 91 07 75 ou por correo electrónico escribindo ao enderezo tenisdemesa@alwaystm.com O número de participantes inscritos está limitado a 64 na categoría absoluta, 64 na de afecionados, 56 nas categorías base e 24 na de veteráns.
A inscrición é gratuíta para os pre-benxamíns, benxamíns, alevíns e infantís e de 5 € para as categorías absoluta, veteráns e afecionados.
Os afecionados sen licenza competirán o venres 26 de abril de 17.00 a 22.00 h. As categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e veteráns competirán o sábado 27 de abril de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h. E a categoría absoluta sen límite de idade, competirá o domingo 28 de abril de 10.30 a 14.30 h e de 16.30 a 20.30 h.
A entrega dos premios terá tugar ó remate de cada xornada do torneo.