Redacción 15/04/2019

Durante esta semana permanecen en casas de familias porriñesas e contarán cun programa de actividades culturais, deportivas e de ocio

 

 

Este domingo o Concello de Porriño recibíu no Círculo Recreativo Cultural aos 16 estudantes franceses do intercambio coa vila gala de Fronçac que chegaron vía aérea ata Oporto e logo por estrada ata a vila porriñesa.

Tamén acudiron as familias porriñesas que aloxarán nas súas casas ós estudantes galos, do mesmo xeito que fixeran familias francesas cos alumnos do IES Ribeira do Louro que viaxaron o ano pasado ata Francia.

Os estudantes galos estarán no Porriño ata o sábado 20, e desenrolarán diversas actividades de cultura, ocio e deporte organizadas polo Concello en colaboración co IES Ribeira do Louro e outras entidades. Deste xeito, este luns fixeron unha unha viaxe ata Santiago de Compostela

Esta excursión á capital galega é a primeira das actividades culturais, de ocio e deportivas organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e outras entidades para este grupo de estudantes de intercambio procedentes da vila francesa de Fronçac.

O programa de actividades continúa este martes cunha visita ás instalacions de  “Blokdegal” e outras empresas de transformación do sector da pedra en Porriño. Nos vindeiros días realizarán un treito do Camiño Portugués, entre Tui e Porriño ou recibirán unha clase de escalada no rocódromo do Polideportivo, da man do alpinista Jesús Martínez Novas.

 O venres 19, a alcaldesa Eva García ofreceralles unha recepción no Concello coma despedida, antes de que emprendan o día seguinte a viaxe de volta ó seu país.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad