Redacción 15/04/2019

A directiva da Xunta Local de Mos de AECC reuniuse este luns coa alcaldesa e a concelleira de Política Social

 

 

Esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, reuníronse no Concello coa directiva da Xunta Local de Mos de AECC para pechar a cesión da Ludoteca de San Rafael para que esta asociación, xunto con ASOMAMOS, poida desenvolver a súa actividade nestas instalacións. Ambas agrupacións, tanto a Asociación Española contra o Cancro como a Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos,contan con locais municipais onde levan a cabo a súa actividade; a primeira na Axencia de Colocación e a segunda no Multiusos das Pozas.

Sen embargo, durante os últimos anos as dúas ampliaron notablemente a súa actividade e por conseguinte, o material do que dispoñen, quedándoselles pequeno o espazo dos locais dos que actualmente fan uso; e por elo levaban tempo solicitándolle ao Concello unha nova ubicación máis ampla onde poder instalarse.

Ademais, por outra banda, EVD Galicia están xa a impartir o Campamento Infantil de Semana Santa 2019 do Concello de Mos, que leva por título Artistas na Natureza, na Ludoteca de Louredo.

O campamento comezouhoxe día 15 de abril e continuará durante os días, 16, 17 e 22 de abril.Os participantes contarán con obradoiros e actividades ao aire libre así como xogos tradicionais e iniciativas de artesanía e reciclaxe.

O horario é de 9.00 a 14.00 h e tamén se ofrece o servizo de Plan Madruga de 8.00 a 9.00 h, e de comedor de 14.30 h a 15.30 h. O campamento taménconta con servizo de transporte.

As idades dos 23nen@s participantes están comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

O Concello de Mos informaba a principios do presente mes de abril de que ten en marcha o expediente administrativo das Ludotecas Municipais en San Rafel e Louredo para que poidan entrar en funcionamento despois de que a empresa que resultou adxudicataria do servizo renunciase ao mesmo e posteriormente quedase deserta a segunda convocatoria do concurso público. Desde ese momento, e ao non haber adxudicatario que as xestionase, as ludotecas atopábase sen actividade; e para evitar a infrautilización destas instalacións o Concello explorou outras posibilidades de xestión.

No marco do Plan de Integración HABITAMOS, cederase a xestión da Ludoteca de Louredo para a prestación desteservizo por parte de EVD Galicia. Un proxectoco que a asociación se atopamoi ilusionada.As usuarias de EVD teñenxa experiencia de anos impartindo obradoiros infantís tales como o de elaboración de marmeladas con escolares mosenses, etc. E precisamente esta semana atópanse organizando e desenvolvendo conxuntamente co Concello o Campamento Infantil de Semana Santa.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad