Redacción 08/04/2019

A proba terá lugar o sábado 8 de xuño

 

 

O Concello de Porriño, en colaboración co Concello de Tui, pon en marcha a sexta edición do Triatlón Concello de Porriño que terá lugar o sábado 8 de xuño.

O pasado ano, a que sería a verdadeira VI edición, suspendeuse en sinal de respeto dada á tráxica explosión pirotécnica na parroquia de Paramos, en Tui, sendo o embarcadeiro deste municipio, o punto de inicio da proba a nado no río Miño.

O Triatlón Concello do Porriño volve coas forzas renovadas e a voltas cos preparativos da proba que será oficialmente presentada o 24 de maio, nun formato novedoso.

O prazo de inscrición xa está aberto e pódese consultar e tramitar a través da páxina web, que dispón dun enlace para o formulario de inscrición on line, coa Federación Galega de Triatlón (FEGATRI).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad