Redacción 04/04/2019

O primeiro single adianto desta banda galega  e “Marisco barato”que se poderá escoitar a partir das 21.00 h -entrada anticipada dende 10 € e en taquilla 14 €-

Tamén actuarán Copa Turbo máis Chicho Selextor

 

 

Terbutalina está de estrea este 2019, xa que sae á luz o seu novo LP, gravado e producido nos estudios “A Ponte”, por Tomás Ageitos. Un traballo no que os de Esteiro nos trasportan á Costa da Morte, ao son atlántico con coplas cheas de retranca.

Así o demostra o primeiro single de adianto “Marisco Barato”, un tema de rock‘n’roll que invita ao baile e mostra ao que chegou a banda dende a súa formación no 2010.

Terbutalina non parou de tocar e de medrar. Este grupo de Esteiro (Muros) ven de pasear o seu rock and roll por festivais como o Son Do Camiño, Fuzzville, Son Rías Baixas…lugares nos que compartiron cartel con nomes como Siniestro Total ou Manu Chao.

No 2014 conseguiron o “Premio a Mellor Álbum en Galego” nos “Premios da Música Independente” co seu disco A MUERTE.

No 2015 lanzan “Al otomano se le va la mano”, gravado por Tomás Ageitos nos estudios “A Ponte” e masterizado por Jim Diamond ( The White Stripes, The Sonics…).

Coa súa colaboración coa compañía teatral Chévere na obra Eroski-Paraíso, conseguen o “Premio María Casares 2017” á “Mellor Música Orixinal”.

E agora volven, cun LP de dez coplas de rock’n’roll no que a banda vai dende o punk ao pop, e dende o rock ata a música tradicional galega.

Acompañan Copa Turbo, un grupo de Santiago de Compostela composto por Ales, Revi, e Manuel ao que escupen a toda leche os seus temazos cantados en galego, sobredosis de post-punk, garaxe e velocidade.

Rematarán a festa coa selección de Chicho Selektor, que pechará a noite coa súa música.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad