Redacción 01/04/2019

Trátase de obradoiros e visitas tecnolóxicas guiadas para espertar futuras vocacións profesionais entre os escolares porriñeses

 

 

Un total de 220 alumnos e alumnas dos centros docentes de Porriño participarán no programa “KidCode 2019” de obradoiros e visitas tecnolóxicas guiadas. A iniciativa parte do Concello de Porriño, a través da OMIX e pretende “axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades nese eido mediante ferramentas coma a programación, robótica, deseño, impresión 3D ou electrónica”.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de O Porriño anuncia que levará a cabo este programa “KidCode2019” durante o mes de abril. De feito a partir deste luns e mañá martes día 2, alumnos de Secundaria realizan as primeiras visitas ás instalacions que a empresa colaboradora “KidCode” dispón en Vigo, para participar en obradoiros de diversas tecnologías durante 3 h.

En canto ao alumnado dos colexios de Primaria, os obradoiros impartiranse nos propios centros docentes e dacordo ao nivel dos nenos. As materias serán tamén robótica, intelixencia artificial, deseño e impresión 3D, entre outras. Estas sesións de “KidCode 2019” nos centros de ensino comezarán a partir do 12 de abril.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad