Redacción 29/03/2019

Será o vindeiro domingo pola mañá polo Sendeiro do Río Louro

 

A Xunta Local de Mos da Asociación Española contra o Cancro presentouontepola tarde nos exteriores do Multiusos das Pozas xunto coa alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, a I Andaina Solidaria polo Sendeiro do Río Louro.

A andainalevarase a cabo o vindeiro domingo, día 31 de marzo, con saídadende o Pazo de Mos ás 10.30 horas da mañá. A inscrición ten un custe de 5 euros por persoa e con ela cada participante recibirá unha bolsa con auga, froita e un doce.

Para anotarse os interesados poden dirixirse presencialmente á Piscina Municipal ou chamar ao teléfono 986 33 40 70 e/ouao Multiusos tamén presencialmente ou por teléfono no número 986 33 94 04.

O percorrido a realizar o domingo terá unha lonxitude de 5 km de nivel fácil apto para familias, nenos e mascotas.

Para obtermáis información sobre a actividade poden dirixirse tamén ao teléfono 697 484 529.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad