Redacción 28/03/2019

Os 16 participantes formáronse en “Atención Sociosanitaria” obtendo o seu diploma certificado de profesionalidade

 

Un grupo de 16 porriñeses menores de 30 anos concluía este mércores a súa formación no Obradoiro de Emprego “Porriño Social”, que se impartíu nos derradeiros 6 meses no centro Multiusos de Torneiros, e pola que todos eles recibiron o seu diploma certificado de profesionalidade, con válidez estatal.

Durante este tempo, os participantes formáronse en “Atención Sociosanitaria”; oito de eles para prestar atención en Institucións -como Centros de Día- e os outros oito para Atención Domiciliaria.

Este obradoiro de formación, para personas desempregadas con idade menor de 30 anos, é unha iniciativa coordinada entre o Concello de O Porriño e Xunta de Galicia.

“Este ano cumpre subliñar que se rachou coa tónica de que grande parte dos participantes fosen mulleres, xa que tamén houbo homes. Semella un bo sinal”, valorou Soledad Girón, concelleira de Servizos Sociais do Goberno Municipal porriñés.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad