Redacción 23/03/2019

Con saída ás 09.00 h dende a Praza Maior dará comezo a VIII Ruta BTT “Los 66 del Requesón” e paralelamente unha Ruta de Sendeirismo de 13 km por Cerdeira

 

 

A ACD Sanomedio, coa colaboración do Concello de As Neves, organizan -coma parte da programación da Festa do Requeixo que terá lugar nas Neves, os días 19 e 20 de abril- a VIII Ruta BTT “Los 66 del Requesón” e unha nova Ruta de Sendeirismo polos montes da vila. A saída  será ás 9:00 h dende a Praza Maior do Concello das Neves.

A Ruta BTT, ten dous percorridos de dificultade media: un longo de 66 km -Bike Marathon- e outro curto de 33 km -Marcha Cicloturística-. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición entrando en  http://www.acdsanomedio.com.

A organización pon a disposición dos participantes: duchas, lavado de bicis, ‘Coche escoba’, ambulancia medicalizada, avituallamentos (un sólido máis un líquido, dous líquidos máis froita) e asistencia e ruta. Ó finalizar a proba habilitarase unha zona de asistencia fisioterapéutica da man de Equilibrio; Centro de Rehabilitación, Fisioterapia, Osteopatía e Biomecánica para os participantes que o precisen.

Ademais, na meta os deportistas terán agardando un prato de pasta, requeixo e viño de Rubiós. O prezo xeral é de 10 €.

Paralelamente a esta BTT terá lugar unha Ruta de Sendeirismo por Cerdeira que finalmente terá a distancia duns 13 km e pensada para todas as idades. Dispón de avituallamento sólido e líquido e de Seguro de Accidentes e desplazamento en autocar de ida e volta a Cerdeira.

Será obrigatorio a inscrición previa entrando en http://www.acdsanomedio.com/ruta-sendeirismo-do-requeson-2/ ou por medio de SMS ou WhatsApp aos teléfonos 616992177 ou 629270651. Tamén se pode facer mandando un correo electrónico ao enderezo organización@acdsanomedio.com. O prezo é de 5 €.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad