Redacción 16/03/2019

Alumnos de primaria e dos Institutos encheron a Praza Arquitecto Antonio Palacios coas súas demandas para frear o cambio climático

 

 

Unha chea de escolares, procedentes de centros de Educación Primaria e Infantil do municipio, así como dos Institutos “Pino Manso” e “Ribeira do Louro”, reclamaron este venres aos políticos “sen excepcións, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias”, como sinalaba o comunicado lído polos propios nenos e nenas.

Deste xeito, cunha concentración celebrada a mediodía na praza Arquitecto Antonio Palacios, a mocidade de Porriño sumouse á xornada mundial “Fridays for future” (Venres polo futuro) seguida nun cento de países do mundo. Tan só en España, celebraronse concentracións coma a de Porriño en 60 cidades, ó mesmo tempo que se secundaba unha folga estudiantil.

Os alumn@s porriñeses deron lectura ó manifesto, que acusa ós adultos de non ter feito dabondo para deter o cambio climático que, os nenos de hoxe, padecerán como maiores no inminente futuro.

Ao remate da lectura do manifesto, a alcaldesa Eva García tomou a palabra brevemente “simplemente para agradecervos que coas vosas movilizacións e palabras, golpeedes as nosas conciencias, as de todos cantos temos responsabilidades públicas”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad